
A ópera "A Cincenta", da que hoxe disfrutou o alumnado do segundo ciclo do noso cole, é unha adaptación da ópera orixinal
A Cenerentola de Gioachino Rossini. Nesta ocasión foi dirixida por Joan Font (director de "Comediants") levando a cabo unha versión sinxela e divertida, de xeito que poida ser comprensible para estas idades.
Esta función enmárcase dentro do ciclo de
concertos didácticos do Auditorio de Galicia.
A ópera diferénciase nalgúns aspectos do conto de Perrault.
Así, por exemplo, Rossini elimina os elementos máxicos -aínda que temos un ratiño que fai de narrador-, e potencia as virtudes e defectos da condición humana; Cincenta non ten que marchar do baile ás doce da noite; e a madrastra é substituída neste caso por Don Magnífico, personaxe que permite a Rossini reflectir a ambición e cobiza humanas.
A obra gustou, e entendeuse bastante ben, así que, como primeira aproximación ao mundo da ópera, foi un éxito.
Como chegamos a Compostela un pouco antes do comezo, aproveitamos para dar un paseíño, e ver un pouco Santiago e os artistas que poboan as súas rúas: un gaiteiro, un músico que tocaba un estraño instrumento australiano chamado didgeridu, un pintor...todo chamaba a nosa atención.
Se pinchades na foto da ópera, accederedes ao álbum no que recollemos as imaxes que dan conta do noso paseo.