sexta-feira, 28 de maio de 2010

Visita dos do Porto do Son

Visita dos do Son

Os de Porto do So viron coñecer Aguiño.Agora vouvos contar o que me gustou da visita.

Paseino ben durante a visita, viñeron o día 21 de Maio.

Primeiro vouvos contar que a miña compañeira chamábase Laura, e tiña unha irmá. Gustoume ir con ela porque non iamos caladas, senón que iamos charlando.

O segundo que vos vou contar é que fumos a casa de Maricarmen, e tamén a casa do meu tío e do meu avó.

Fixemos cousas divertidas como facer unha corda.Ah, meu tío fai unhas maquetas de dornas!

E fainas moi bonitas!

Bueno, o que vos teño que decir é que o pasei moi ben.

quinta-feira, 27 de maio de 2010

Visita dos do Son (por Lara)


O dia 21 de maio viñero os de Porto do Son e fomos por Aguiño.Preparamos unha charla, un folleto, planos e por último un Power point. Nos puxemos coas nosas parellas e fomos á ruta.

Primeiro pasamos pola Igrexa, Julio e Ana nos dixeron unhas cousas.

De segundo fomos ao obradoiro das dornas e Elena e Alex e Maria tamén nos explicaron .

Despois fomos facer cordas e Domingos explicounos cousas e outro señor tamén nos esplicou cousas.

Fomos ao Carreiro, e no Carreiro nos contaron Lara e Iria; despois outra clase falou e vimos o estaleiro, e molou . Vimos aos señores traballar! Fomos ao porto e a lonxa! E por último fomos ao parque dos vellos.

terça-feira, 25 de maio de 2010

Visita dos do Son

O venres visitáronnos os de Son a Aguiño, vimos un PPS que me gustou moito. Fixémolo Luismi e máis eu!!
O primeiro que fixemos a igrexa.
O segundo visitamos a Domingos.
O terceiro fumos ao porto de Aguiño.
O cuarto vimos o parque dos exercicios.
O último a despedida.
Esperamos que volveredes a visitarAguiño!!!!!!!!!!!!

sexta-feira, 21 de maio de 2010

De paseo por Aguiño



Hoxe recibimos a esperadísima visita das nenas e nenos do cole de Porto do Son. Digo esperadísima, porque estaba prevista para o luns, día 10, pero como o tempo ameazaba con botarnos enriba caldeiros de auga, decidimos pospoñela.
Foi estupendo volver a contar coa súa presenza.
Fixemos un percorrido que empezou na igrexa, para logo pasar polo obradoiro de dornas de Domingo Ayaso, o Carreiro, o estaleiro, a lonxa, e a illa de Sálvora...vista dende terra, claro.
Finalmente fomos ao parque, relaxarnos un pouco, que tanta camiñada e tanto calor estábannos deixando feitos puré!!! Aínda que no folleto puxéramos que remataríamos no parque de Ferrer, finalmente fomos ao que está ao lado da Aula de Música do Concello. Que alí hai un pouco de sombra, e agradécese.
Tivemos tamén unha actividade inesperada, que resultou todo un éxito. Un veciño de Domingo, que nos viu no seu obradoiro, díxonos se queríamos ver como se fan as cordas. El botou media vida traballando niso...
Veredes, nas fotos, a roda enorme que, coas súas voltas, fai que se vaian enredando os fíos para formar unha corda.
A esta que vos fala, que nunca tal vira, resultoulle sorprendente. E xa medio "feiramos" unha próxima visita (terá que ser no curso que vén!) para ver todo o proceso: dende o esparto ata a maroma.
Que vos parece se, na próxima semana, elaboramos unhas entradiñas dicindo cadaquén que foi o que máis lle gustou?
Aquí vos espero!

A Píllara.

sábado, 8 de maio de 2010

Visita a Porto do Son

O mércores estivemos visitando Porto do Son. Os nenos e nenas do Ceip Santa Irene, recibíronnos na sua fermosa vila e fixeron de guías para amosárnola.
A visita comenzou na Praza de España, na que hai un fermoso peto de ánimas, seguimos cara o Centro de Interpretación do Castro de Baroña, donde aprendemos moitas cousas sobre o mesmo. Continuamos percorrendo rúas, pasando polo Concello, ata a Casa da Cultura, donde visitamos a biblioteca e vimos un vídeo sobre o Concello de Porto do Son. Despois subimos cara a Capela da Atalaia, alí no estupendo mirador, puidemos ver uns golfiños que saían da ría cara mar aberto. Despois, baixamos polo paseo marítimo, onde vimos unha estatua adicada os voluntarios do Prestige, ata o porto. Alí, nos xardíns, merendamos e despedímonos dos nosos amigos e amigas do Ceip Santa Irene.
Nós, continuamos viaxe cara o Castro de Baroña, alí quedamos asombrados coa fermosa paisaxe.
Agora estamos impacientes, agardando a que chegue o vindeiro luns, para ensinarlle os nenos e nenas do Son a nosa fermosa vila, Aguiño.

segunda-feira, 3 de maio de 2010

Coñecendo Aguiño



O vindeiro mércores imos de excursión a Porto do Son.
Convídannos os de 3º do cole de alí, vannos ensinar o seu pobo levándonos a tódolos sitios que lles parecen dignos de ver del.
Logo, nós faremos o mesmo. O luns que ven, día 10, virán eles aquí e ímoslles ensinar todas as cousas interesantes que hai en Aguiño.
Para recibilos, preparamos varias cousas: unha charla, un folleto turístico, e esa presentación que vedes aí arriba.
Gústavos?