sexta-feira, 18 de junho de 2010
quinta-feira, 17 de junho de 2010
VACACIÓNS
A despedida do curso de 3ºB
Ola, son María,o que máis me gustou de terceiro foi o noso profe e as excursións que nos fixo:a excursión a Santiago de Compostela, a excursión a Porto do Son, a excursión a Corrubedo ... Tamén me gustou facer arte ambiental e facer tantas cousas de plástica. Pero sobre todo gustoume que nos deixara ir a informática a xogar. No verán vou a facer a comunión, en Aguiño, e despois vou a ir a praia, vou montar a piscina e vou a ir a comer a casa da miña tía. Bo verán.
Fin de curso
Despedida 3º B
Ola, son MariCarmen. Van a dar as vacacións e quero despedirme. O que máis me gustou foi a hora de informática, as excursións, o que fixemos en plástica, as visitas dos nenos e nenas de Porto do Son... Neste curso fixemos cousas divertidas e interesantes. Foi o mellor curso da miña vida. No verán penso ir de viaxe, farei a comunión, estudarei e xogarei.
Desspedida de 3ºb
Ola son Elaia, o que máis me gustou do cole foi ir a Santiago de Compostela.Agora no
verán vou ir a multideporte, a patinaxe e a praia .Tamén irei a Coruña a visitar os
meus tíos, despois meu pai levarame no barco para a casa e ensinarame o barco.
verán vou ir a multideporte, a patinaxe e a praia .Tamén irei a Coruña a visitar os
meus tíos, despois meu pai levarame no barco para a casa e ensinarame o barco.
Bo Verán
Ola, chámome Sandra o que máis me gustou do cole foi ter un profesor novo, facer plástica, e os deberes que antes non sabía facer.Tamén fixemos excursións...fixemos moitas cousas que non facía con outros profesores. No verán vou ir a praia cos meus amigos. ENCANTOUME ESTAR EN 3ºB, ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN, CHAOOOO QUE PASEDES MOI BOAS VACACIÓNS.
Escribindo na pillara por Patricia
Aquí no Ceip de Aguiño fixemos as nosas casas en maquetas. Os de 3ºB FIXEMOS moooooitas cousas, o máis grande é o de Raúl, o mais pequeno o meu, que é unha escola. IRÉDELO VER, ESTÁ ARRIBA, DIANTE DA PORTA E TAMÉN OS DOS MEUS COMPAÑEIROS. Chao.
Fin de curso
Felices vacacións
Fin de curso
A despedia
A despedida do colexio de 3ºB
Hola son Ana, o que máis me gustou do cole, foi o noso profe, as excursións, foron as mellores,fomos a moitísimas: a Catedral de Santiago,a Porto Do Son, os de Porto Do Son tamén viñeron a Aguiño, tamén fomos ó Castro de Baroña. Divertinme moito foi o mellor curso da miña vida. Oxalá que o profe siga con nós en 4ºB.
No verán farei a comunión, fareina en Chicolino, tamén irei a praia, cos meus primos/as e amigos/as,tamén irei a casa das miñas primas. Chao.
O noso cole en 3º B
quarta-feira, 9 de junho de 2010
Orgullos@s do noso
O outro día estivemos facendo un traballo sobre o uso do galego. A idea é visibilizar que o galego é un idioma tan válido como calquera outro para o seu uso nos distintos ámbitos da nosa vida...en todos eles!
Fixemos un pequeno campo semántico, unha serie de palabras relacionadas co ámbito que cada un de nós escolleu.
E, despois, gravámonos.
O resultado, velaquí o tendes:
Fixemos un pequeno campo semántico, unha serie de palabras relacionadas co ámbito que cada un de nós escolleu.
E, despois, gravámonos.
O resultado, velaquí o tendes:
quinta-feira, 3 de junho de 2010
Arte ambiental en Corrubedo

Ola somos Manuel, Xavier, Ana, Aarón e Patricia. Fai uns días fomos a Corrubedo e pasámolo moi ben. Fixemos arte ambiental con cunchas,paus e area. Con esas cousas fixemos: barcos, labirintos, faros, toupeiras etc.O que máis nos gustou foi o barco.
O que máis nos custou facer foi o labirinto.Os outros equipos fixeron moitas cousas.Pouco máis tarde tivemos que irnos.
Excursion a Corrubedo.
Arte ambiental
Assinar:
Postagens (Atom)