sexta-feira, 29 de janeiro de 2010

Verbum

O martes pasado fixemos unha visita ao Verbum. Este museo, que tamén se chama "Casa das palabras", está en Vigo, fronte á praia de Samil. É un museo interactivo sobre todo o relacionado coa comunicación.
Primeiro, contáronnos un montón de cousas sobre a historia de Galicia, e fixemos unha actividade sobre ela. Buscando na información dos paneis, fomos atopando as respostas a todas as preguntas que nos propoñían.
Logo subimos a outra zona na que unha guía do museo foinos propoñendo diversos xogos relacionados coa linguaxe e a comunicación.
Ao final, comemos ao aire libre, mirando ao mar da ria de Vigo...todo un luxo! Sorte que nolo permitiu o tempo!
Aquí vos deixamos un álbum que ilustra a nosa experiencia:

quinta-feira, 28 de janeiro de 2010

Cooperación

Pasado mañá celébrase o día mundial da paz. Unha, que está farta das versións negativas do que significa a paz (a paz é non pelexar, a paz é non abusar, a paz é non...), quería deixarvos aquí este detalliño sobre unha actitude cuxo desenvolvemento me parece fundamental para empezar a falar de paz: a cooperación.

A esta xente miúda gustoulles moito...e a vós?

O mar

Levamos uns días traballando vocabulario relacionado co mar e fixemos unha pequena escolma de refráns e coplas mariñeiras, combinámolas cunhas fotos e vela aquí o resultado, esperamos que vos guste.

segunda-feira, 25 de janeiro de 2010

Galiñeiro ecolóxico


Mira que galiñeiro máis chulo temos na clase! Temos galiñas, galos e pitos, todos feitos con materiais reciclados. Unhas caixas de ovos, unhas cartulinas,pinturas e un pouco de imaxinación... só lle faltan poñer ovos.

domingo, 24 de janeiro de 2010

Habitantes do xeo


María Sampedro fíxome chegar esta foto que lle envía seu pai dende o Océano Índico.
Nela vedes a un simpático grupo de pingüinos subidos enriba do xeo. Fixádevos que todos miran na mesma dirección...que haberá dese lado???

quinta-feira, 21 de janeiro de 2010

Auga!

Estes días andamos estudando a auga: estados, propiedades, o ciclo da auga...
Aquí vos deixo este vídeo, que nos conta algunhas das propiedades do líquido elemento dunha maneira simpática.

quinta-feira, 14 de janeiro de 2010

Lixo nas praias

Na praia pódese encontrar de todo. Dentro de nada, igual topamos de todo menos area...
Con algunhas cousas que alí collemos, fixemos este poema visual.
A ver se vos gusta!