sexta-feira, 18 de junho de 2010

Isto acábase...



Isto vaise acabando.
Hoxe, para celebralo, os terceiros collemos as mochilas, as viseras e o bo humor e puxémonos en marcha cara Couso.
Botamos alí a mañá, nunha agradable xornada. Fixemos un pouco de todo, como podedes ver polas fotos: saltar á corda, xogar ás escondidas, cambiar cromos, botar un partido de fútbol, facer creacións coas cousas que nos ofrece a natureza...e, por suposto, tomar unha boa merendola!
O profe Rubén e a profe Nela leváronnos larpeiradas e caramelos, que fixeron a mañá aínda máis doce.
Tamén vimos un esquío. Pero ese non quixo saír na foto...

quinta-feira, 17 de junho de 2010

VACACIÓNS



OLA, SON JAVI, NESTE CURSO APRENDÍN MOITAS COUSAS: ESTUDIAR,FACER OS DEBERES E XOGAR.
TAMÉN FoMOS DE EXCURSIÓN E PASEINO MOI BEN.CHAO.

A despedida do curso de 3ºB



Ola, son María,o que máis me gustou de terceiro foi o noso profe e as excursións que nos fixo:a excursión a Santiago de Compostela, a excursión a Porto do Son, a excursión a Corrubedo ... Tamén me gustou facer arte ambiental e facer tantas cousas de plástica. Pero sobre todo gustoume que nos deixara ir a informática a xogar. No verán vou a facer a comunión, en Aguiño, e despois vou a ir a praia, vou montar a piscina e vou a ir a comer a casa da miña tía. Bo verán.

Fin de curso



Hola son Esteban e este curso paseino moi ben.Gustoume moito este colexio. A exscursión que máis me gustou foi a excursion dos Castros de Baroña. Felices vacacións.

Despedida 3º B



Ola, son MariCarmen. Van a dar as vacacións e quero despedirme. O que máis me gustou foi a hora de informática, as excursións, o que fixemos en plástica, as visitas dos nenos e nenas de Porto do Son... Neste curso fixemos cousas divertidas e interesantes. Foi o mellor curso da miña vida. No verán penso ir de viaxe, farei a comunión, estudarei e xogarei.

Desspedida de 3ºb

Ola son Elaia, o que máis me gustou do cole foi ir a Santiago de Compostela.Agora no
verán vou ir a multideporte, a patinaxe e a praia .Tamén irei a Coruña a visitar os
meus tíos, despois meu pai levarame no barco para a casa e ensinarame o barco.

Bo Verán



Ola, chámome Sandra o que máis me gustou do cole foi ter un profesor novo, facer plástica, e os deberes que antes non sabía facer.Tamén fixemos excursións...fixemos moitas cousas que non facía con outros profesores. No verán vou ir a praia cos meus amigos. ENCANTOUME ESTAR EN 3ºB, ESPERO QUE O PASEDES MOI BEN, CHAOOOO QUE PASEDES MOI BOAS VACACIÓNS.

Escribindo na pillara por Patricia

Aquí no Ceip de Aguiño fixemos as nosas casas en maquetas. Os de 3ºB FIXEMOS moooooitas cousas, o máis grande é o de Raúl, o mais pequeno o meu, que é unha escola. IRÉDELO VER, ESTÁ ARRIBA, DIANTE DA PORTA E TAMÉN OS DOS MEUS COMPAÑEIROS. Chao.

Fin de curso



Hola soy Carlos, en este curso hicimos muchas excursiones a las Dunas de Corrubedo, a la Catedral de Santiago, a Ribeira fuimos más de una vez.También fuimos a Vigo. En el verano jugaré con los amigos e iré a la playa. Chao.

Felices vacacións



Ola,chámome Manuel, o que máis me gustou deste curso foi ir de excursión, facer plástica e facer os deberes,tamén me gustou ir ó recreo,fixemos
moitas cousas: estudiar, facer os deberes e xogar.Tamén ,tivemos tempo para contar
chistes jajajaja.Que divertido foi este curso!

Fin de curso



Hola soi César, soy de 3ºB, me gustaron las excursiones, me gustó la excursión a las dunas.Ahora que se acaba el cole tiene una parte buena y una mala, la buena es que no hay cole y la mala es que no veré mucho a mis amigos.

A despedia



Ola son Raúl de 3ºB, o que máis me gustou foi a visita a Santiago de Conpostela, gustoumme moito a Catedral e vin ó bispo. Tamén me gustou a visita a Porto do Son e ó Castro de Baroña.

A despedida do colexio de 3ºB



Hola son Ana, o que máis me gustou do cole, foi o noso profe, as excursións, foron as mellores,fomos a moitísimas: a Catedral de Santiago,a Porto Do Son, os de Porto Do Son tamén viñeron a Aguiño, tamén fomos ó Castro de Baroña. Divertinme moito foi o mellor curso da miña vida. Oxalá que o profe siga con nós en 4ºB.

No verán farei a comunión, fareina en Chicolino, tamén irei a praia, cos meus primos/as e amigos/as,tamén irei a casa das miñas primas. Chao.

O noso cole en 3º B



Ola,son Aarón, o que máis me gustou foi a visita a Santiago de Compostela. Fomos á
Catedral. Alí vimos o Pórtico da Gloria. Fomos a Porto do Son e vimos a vila.
No verán farei a comunión no restaurante San Xoán e irei á praia. Chao.

quarta-feira, 9 de junho de 2010

Orgullos@s do noso

O outro día estivemos facendo un traballo sobre o uso do galego. A idea é visibilizar que o galego é un idioma tan válido como calquera outro para o seu uso nos distintos ámbitos da nosa vida...en todos eles!
Fixemos un pequeno campo semántico, unha serie de palabras relacionadas co ámbito que cada un de nós escolleu.
E, despois, gravámonos.
O resultado, velaquí o tendes:

quinta-feira, 3 de junho de 2010

Arte ambiental en Corrubedo


Ola somos Manuel, Xavier, Ana, Aarón e Patricia. Fai uns días fomos a Corrubedo e pasámolo moi ben. Fixemos arte ambiental con cunchas,paus e area. Con esas cousas fixemos: barcos, labirintos, faros, toupeiras etc.O que máis nos gustou foi o barco.
O que máis nos custou facer foi o labirinto.Os outros equipos fixeron moitas cousas.Pouco máis tarde tivemos que irnos.

Excursion a Corrubedo.


Ola, somos MariCarmen, María, Sandra, Raúl e Noemi.O mércores fomos a Corrubedo a facer arte ambiental.Fixemos unhas cuantas figuras con cunchas que pintamos na clase.
O que máis nos gustou foron a maragota e as flores que fixemos con cunchas,pedras e paus.Chao.

Arte ambiental



Hola somos César, Esteban e Carlos. Fomos a praia e fixemos arte ambiental. Fixemos unha piscina con trampolín e despois pensamos poñerlle outro nome que era o circuito de Monaco e depois regresamos ó cole.