quarta-feira, 1 de junho de 2011

Excursión ó Delta

Ola, son Carlos. O outro día fun de excursión a Lleida. Fun en tren desde Vigo ata a estación de Lleida. A Vigo fun en autobús. En total foron 16h de viaxe. Alá fomos en piragua, en canoa, escalamos, fomos á praia,escalamos una montaña de cartón, fomos en barco, en bicicleta, andando...

Excursión Delta .





Ola, son Manuel.Fai dúas semanas fomos ao Delta do Ebro.Fomos en tren, o viaxe en tren gustoume porque ía vendo a paisaxe,pero...mellor ir en avión porque chegábamos antes.No tren pola noite non peguei ollo mellor dito só lle peguei 3 horas seguidas.
Que logro!No Delta fomos en barco, en bicicleta e camiñábamos 12 Kilómetros.Comemos coma reis .Non tiveron fallo ningún.Pero polos mosquitos,ufff!

Vacacións Delta do Ebro





Son Aarón Sandá Olveira e vou contar como o pasamos no Delta do Ebro.
O domingo 8 de maio en Vigo collemos un tren cara Lleida. No tren era imposible durmir.
Cando chegamos a Poble Nou estabamos todos contentos. A min o que máis me gustou
foron os quads e o que menos volcar en piragua(na foto). No tren Lleida-Vigo durmín
máis pero volvín canso á casa.

domingo, 8 de maio de 2011

Na primavera, árbores para o noso cole

Esta semana veu ao cole o equipo de xardinería do obradoiro do Concello.
Viñeron cargados de primavera!
Trouxeron unhas árbores que se chaman liquidámbar, e tamén tullas e camelias.
Explicáronnos como se facía para plantar árbores, e os coidados que precisan.
Despois, deixáronnos traballar a nós...fixémolo moi ben!
Para semellantes artistas, non podía ser menos que que viñese a tele gravarnos. Así que saímos no Canal Rías Baixas.
Por se non fose abondo, trouxéronnos cadanseu regalo: sementes de céspede e zinnia que plantamos nun cacharriño de iogur para levar para casa.
E unha litosperma para a nosa clase.
Viñan ou non cargados de primavera?

sábado, 9 de abril de 2011

Vellos oficios: cordas

Preséntovos a José, un artesán de Aguiño que botou media vida facendo cordas.
Coñecémolo o curso pasado, cando estivemos na de Mingos, vendo como é un obradoiro de dornas.
Naquela ocasión, José explicounos un pouco por riba como ía o asunto ese das cordas, pero xa non nos quedaba moito tempo, e convidounos a facerlle unha visita máis adiante.
Ese máis adiante materializouse onte. Alá fomos todo 4º aprender unha inesquecible lección sobre un deses oficios que o plástico deixou a un lado.
Dá mágoa pensar que toda esa sabedoría se perde. Sería fenomenal que esta xente tivese un lugar onde transmitir os seus coñecementos, que fan parte da nosa historia.
Como non podíamos facer outra cousa, abrimos ben os ollos. Tamén o da cámara. Aquí vos queda o documento gráfico. Un pouco chapuzas, pero...unha non é moi artista nisto do vídeo, non...que se lle vai facer.
Grazas, José!

segunda-feira, 4 de abril de 2011

Poema dominó á forma de Brossa

Na clase fixemos un poema dominó á forma de Brossa.
Joan Brossa foi un poeta catalán. Naceu en Barcelona en 1919 e morreu en 1998. Foi fundador dunha revista chamada Dau al Set.
Brossa escribiu máis de oitenta libros de poemas, con distintas formas: de dominó etc...
Nós inspirámonos nun poema do libro La piedra abierta, de onde sacamos a idea do poema dominó.
Aqui vos deixo os nosos poemas:

sábado, 2 de abril de 2011

Chegan as cartas de Lleida

Onte recibimos as cartas dos nosos amigos e amigas de Lleida. Enviáronnos tamén un libro de poesías sobre a Paz, dous xogos do tres en raia, caretas, un abecedario, fotos dos seus xogos populares, agasallos...
que ganas temos de que chegue maio para coñecelos en persoa.