Ao igual que o ano anterior, o Apalpador non esqueceu o cole de Aguiño á hora de facer o seu recorrido por Galicia.
Aquí vedes o recibimento que se lle fixo no noso cole:
terça-feira, 21 de dezembro de 2010
segunda-feira, 13 de dezembro de 2010
ANELAMENTO DE AVES
Hai uns días fomos de excursión, a anelar paxariños.Manu foi noso guía, é ornitólogo, que significa especialista en paxaros.Tamén foi a nai de Aida porque Aida tiña un pé mal, e necesitaba un pouco de axuda.
Vouvos explicar o que nos ensinou Manu:
Vouvos explicar o que nos ensinou Manu:
- Primeiro ensinounos unhas redes que puxera para coller os paxaros.Polo camiño explicounos cousas como....... Como é a casa dun rato, dun raposo e moitas cousas máis, follas de árbores (de que árbore eran), que son os bosques, distinguir árbores plantadas por nós das que nacen silvestres...
- Despois ensinounos como caían os paxaros nas redes, e como desenganchalos. Fomos a unha mesa e díxonos o nome de cada paxaro, ensinounos a distinguir un paxaro macho dun paxaro femia, e como se lle poñía o número nas patas.....
- E por último fomos para o autobús para ir para o cole. Logo, algúns que non merendaran, merendaron; e os que si, puxéronse a facer unha redacción como esta.
domingo, 28 de novembro de 2010
Teatro en Vilagarcía
O luns da semana pasada fomos a Vilagarcía. Fomos ao teatro.
A obra, que se chamaba "Cara o campo das estrelas", era acerca do camiño de Santiago. Foi moi divertida. Á saída, regaláronnos o libro "A contar estrelas no camiño". Como veredes nas fotos, algunhas non puideron esperar a chegar a casa para empezar a lelo...
Despois do teatro fomos ver unha exposición de pintura que había no propio auditorio.
O tempo acompañounos, e puidemos xogar un anaco no parque que está alí ao lado.
Aquí vos deixo, como sempre, as fotos:

segunda-feira, 15 de novembro de 2010
Ilustración para o calendario
O tempo pasa de contado, mira onde estamos xa...a finais de novembro!
Toca preparar calendario novo. Nesta ocasión, a fonte de inspiración será o verso de Camoes "...onde acaba a terra e o mar começa", verso arredor do que xira o proxecto de innovación no presente curso.
Hai uns días, puxémonos mans á obra e empezamos a recompilar materiais relacionados co mar e coa terra, para facer a nosa ilustración.
Hoxe démoslle forma a todo iso.
Saíunos isto:

sábado, 13 de novembro de 2010
Apañacastañas
Onte celebramos o magosto no cole. Para darlle un pouco de ambiente á cousa, disfrazámonos de apañacastañas. Puxemos un mandil vello, botas, pano na cabeza...e a apañar castañas!
Como non topamos ningún castiñeiro por aquí cerca, fomos cos nosos cartuchos a ver se "apañábamos" algunha no carriño de Guillermina, a castañeira. Que é a nai de Adelia, xa o sabedes, non?
Como vos vexo cara de querer ver as fotos, vou ser boa e vóuvolas deixar aquí, veña.

quarta-feira, 3 de novembro de 2010
¡SUPER ZORRO!
Ola,somos:MANUEL, JAVI, CARLOS e AARÓN,dámosvos a benvida a este comentario
de Superzorro. Superzorro é a historia duns granxeiros que queren matar a un raposo que come ós animais das granxas de Buñuelo, Benito e Bufón. O raposo fai un
túnel baixo a terra e come os animais ás agachadas e bébelle a sidra a Benito. Gustounos moito esta historia. Mirade os debuxos que fixemos do libro de Superzorro.

O Samaìn do CEIP Aguiño
Ola somos Sandra, Patricia, Ana e Elaia. Queremos mostrarvos o noso Samaín. Houbo moitas cabazas, había de todo tipo: de gatos, morcegos... eran grandísimas e algunhas tamén eran pequenas. Algunhas non daban medo, despois acenderon as candeas e as que tiñan purpurina brillaban moitísimo!!!
Assinar:
Postagens (Atom)