O pasado mércores celebrouse o Día da árbore.
O Concello convidounos a participar nun encontro que tivo lugar no parque de Corrubedo.
A iso das 10 e media, veunos buscar un autobús, que tamén recolleu despois ás nenas e nenos do cole de Carreira.
No parque vimos un documental, plantamos árbores e xogamos a un montón de cousas cunhas monitoras estupendas. Fixemos ata unha busca do tesouro!
Pasámolo pipa.
E saímos no xornal. Somos importantes!!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário