terça-feira, 13 de abril de 2010

Corruwiki




Sabedes o que é unha wiki?
Nós estamos traballando nunha.
Chámase corruwiki
O tema da nosa wiki é os animais de Corrubedo.
Na wiki temos moitos vídeos de animais e por onde estan distribuídos.
Estamos traballando coa píllara, o golfiño, a gambusia , o lagarto arnau , o sapo de esporas e a eurinebrya.
Cada un ten unha foto do seu animal , son moi bonitas.
E traballamos por parellas.
Queredes vela?

SEGURO QUE CHE GUSTARÁ!

terça-feira, 6 de abril de 2010

María Balteira

Os nenos e nenas de 3ºA e 3ºB, estivemos investigando un pouco sobre María Balteira. Descubrimos que María Balteira foi unha muller galega que viviu na Idade Media.O seu nome real era María Pérez e foi a "soldadeira" máis famosa da época medieval. As soldadeiras eran mulleres que estaban adscritas á corte, e que tiñan como oficio cantar e bailar. Por este traballo pagábanlles unha soldada e de aquí ven o nome de soldadeira.
Os de 3º fixemos un mural reproducindo un grabado de Luís Seoane que representa a María Balteira e compuxemos unhas coplas ensalzando a súa figura.

quinta-feira, 25 de março de 2010

O EXPERIMENTO CO LIXO

OLA hai tres meses plantamos lixo. A que vos parece de tontos?
Pois que va, nós queríamos facer un experimento.
No que o experimento consistía é en enterrar varias cousas, e mirar canto tempo dura cada unha. O que fixemos de primeiro foi facer as etiquetas. Despois fixemos a cova para enterrar as cousas, e despois puxemos cada etiqueta no seu lugar.


PLANTAMOS...

  • ANACO DE CORDA= APARECEU ENTEIRO
  • PAPEL= O ANACO DE PAPEL DESFÍXOSE
  • ALGAS= DESFIXERONSE
  • ANACO DE POLISPÁN= DESFÍXOSE UN POUCO
  • ANACO DE REDE= APARECEU ENTEIRO
  • ANACO DE GUANTE=APARECEU ENTEIRO

A nosa conclusión é que a terra non e capaz de desfacer todo o lixo

segunda-feira, 22 de março de 2010

Día da árbore

O pasado mércores celebrouse o Día da árbore.
O Concello convidounos a participar nun encontro que tivo lugar no parque de Corrubedo.
A iso das 10 e media, veunos buscar un autobús, que tamén recolleu despois ás nenas e nenos do cole de Carreira.
No parque vimos un documental, plantamos árbores e xogamos a un montón de cousas cunhas monitoras estupendas. Fixemos ata unha busca do tesouro!
Pasámolo pipa.
E saímos no xornal. Somos importantes!!!

quinta-feira, 11 de março de 2010

Día da muller traballadora


O 8 de marzo celebramos o Día da muller traballadora, cada clase elaborou una mesa-collage adicada as mulleres traballadoras en distintos oficios. Tamén elaboramos unha mesa común entre tódalas clases, adicada a unha poetisa. Aquí as tendes.

quarta-feira, 10 de março de 2010

O Sistema Solar



Na clase de plástica, estamos facendo o Sistema Solar: o Sol, Xúpiter, Saturno, Mercurio, Marte, Terra, Plutón, Urano, Neptuno, Venus.
Para facelos, primeiro cubrímolos de papel de xormal e pegámolo con cola.E deixámolos secar.
Despois pintámolos de moitas cores. E tamén os deixamos secar.
Cando rematemos, colgarémolos do teito.

quinta-feira, 4 de março de 2010

O Tangram

Continuamos construíndo xogos e xoguetes con materias reciclados. Desta vez fixemos o Tangram, o famoso xogo chino que estimula a creatividade. En chino recibe o nome de táboa da sabiduría ou táboa dos sete elementos. Nós fixémolo con cartón e pinturas e pasamos un bo rato contruíndo figuras.