segunda-feira, 4 de abril de 2011

Poema dominó á forma de Brossa

Na clase fixemos un poema dominó á forma de Brossa.
Joan Brossa foi un poeta catalán. Naceu en Barcelona en 1919 e morreu en 1998. Foi fundador dunha revista chamada Dau al Set.
Brossa escribiu máis de oitenta libros de poemas, con distintas formas: de dominó etc...
Nós inspirámonos nun poema do libro La piedra abierta, de onde sacamos a idea do poema dominó.
Aqui vos deixo os nosos poemas:

sábado, 2 de abril de 2011

Chegan as cartas de Lleida

Onte recibimos as cartas dos nosos amigos e amigas de Lleida. Enviáronnos tamén un libro de poesías sobre a Paz, dous xogos do tres en raia, caretas, un abecedario, fotos dos seus xogos populares, agasallos...
que ganas temos de que chegue maio para coñecelos en persoa.

segunda-feira, 21 de março de 2011

Día da Poesía

Hoxe celebramos o día da poesía. Estivemos investigando a Lois Pereiro, o escritor de Monforte de Lemos ó que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Descubrimos a súa poesía e fixemos con ela dibuxos poéticos.

quarta-feira, 9 de março de 2011

Unha de celtas

Dádesme pena, con esa cariña de: "Veña, porfi, ponnos algunha foto do día do desfile!!!"
Bueeeeeeeeeeeeeno, alá vai logo.
Unha de celtas acicalándose.

quarta-feira, 2 de março de 2011

O día da verza

Estavos gustando a semana surrealistantroida do cole?
Hoxe foi o día da verza.
E nós aproveitamos as hortalizas que trouxemos para divertirnos un pouco creando.
Non somos Arcimboldos nin Warners, pero...e o ben que o pasamos?
Queda constancia nas fotos.

sexta-feira, 25 de fevereiro de 2011

Plantación da cerdeira

Fai uns días recibimos a caixa sorpresa que nos enviaron os nosos amigos e amigas de Lleida. Dentro dela, ademáis de pósters, vídeos, folletos, libros, fotos... representativas da súa cultura, viña tamén unha árbore, en concreto unha cerdeira. Xa sabedes que en Lleida cultívanse diversos frutais, entre eles as cerdeiras. Pois alá fomos armados de sacho e caldeiro con auga, e plantamos á árbore.

AGORA TÓCANOS A TODOS COIDALA E RESPETALA.

segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

Disco de Newton

Aprendendo de cores e luz co disco de Newton: