Estivemos traballando unha poesía que falaba dun río que facía mover un muíño. Non tiñamos moi claro como funcionan os muíños de río, así que investigamos un pouco e encontramos un vídeo, que aínda que está cheo de faltas de ortografía, é moi interesante, velaquí o tedes, son unhas verdadeiras xoias!
sexta-feira, 26 de fevereiro de 2010
segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010
As Mouras de 3ºB
Aquí están as fotos do Entroido dos nenos e nenas de 3ºB. Non era sen tempo, verdade? Que guapos!
domingo, 14 de fevereiro de 2010
O clima
En Coñecemento do Medio estamos estudiando o clima, aquí vos deixamos un vídeo que explica moi ben como os países desenvolvidos están producindo o cambio climático e as consecuencias adversas que estamos sufrindo dende hai tempo e que empeorarán se non facemos nada, ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO CAMBIO DE CONCIENCIA
sábado, 13 de fevereiro de 2010
Mouras
O Antroido deste ano ía de seres mitolóxicos galegos relacionados coa auga.
A nós gustáronnos as mouras. Tan guapas elas, tan acuáticas elas, tan brancas, tan presumidas, tan enigmáticas.
Os nenos, de entrada, mosquéaronse un pouco...por que de mouras e non de mouros?
Pero falámolo: igual que podemos ir de coellos sendo persoas, tamén podemos ir de feminino ou masculino sendo do sexo contrario...E nunca está de máis poñerse no pelexo dunha muller!
Ao final, disfrutaron un montón de poñer peluca e usar pintalabios!
Fixemos unhas caixas preciosas para gardar os nosos tesouros. Decidimos interpretar a palabra "tesouro" no seu máis amplo sentido. Así que gardamos dentro cousas que para nós podían ser "tesouros": cunchas bonitas, pedras chulas, as chapas que usamos para xogar, un debuxo que nos regalou unha amiga, a foto dunha persoa á que queremos moito...
Aquí vos quedan as fotos de como nos disfrazamos.
As do desfile virán outro día, que eu non levaba cámara.
Pasádeo ben estes días!!!

quinta-feira, 4 de fevereiro de 2010
As poleas, e as ganas de ir ao cole
Hoxe na clase de Coñe tocou falar de máquinas. Estivemos vendo o que era unha panca, unha roda, un plano inclinado...
Ao falar da polea recordei este vídeo que vin hai uns días. Vai dun grupiño de nenos e nenas de Colombia que, como veredes, non lle poñen peros a iso de ir ao cole...
Hai que ter ganas...ou non??

Marcadores:
ganas de ir ao cole,
máquinas,
polea,
valentía
Assinar:
Postagens (Atom)