quinta-feira, 16 de junho de 2011

Escursión a casa de Segundo

De ferreiro

Onte fomos visitar a un avó da nosa companeira Aida,é ferreiro.Ensinounos como abrandar o ferro.Pero ainda que estea brando,ao ferrohai que darlle forte co martelo.
despois deixounos ir ver algunhas cousas que fixera el como: o portal, a porta, o pasamáns, os mobles ou a cabeceira da cama. É un fenómeno. A min gustoume moito, volvería outro día máis.

SEGUNDO

De ferreiro

Segundo é un ferreiro e un artista. Segundo fai cousas con ferro: cabezais, pasamáns, portas, mobles...etc
A PREPARACIÓN DO FERRO
  1. Métese o ferro no lume.
  2. Quítase e dáselle forma.
  3. Móllase e enfría.
  4. Listo!
Segundo é o avó de Aida. A ferrería é un garaxe. Segundo ten ferramentas para facer as formas, como: zafra, o martelo, ventilador...etc
A profe ensinounos que Segundo é un artista.

UN FERREIRO ESPECTACULAR

De ferreiro

Ola chámome Iria,vouvos explicar a excursión a que fomos o martes 14 deste mes.Fomos á ferrería de Segundo, SEgundo é o avó de Aida, ensinounos o seu sitio para traballar. Ensinounos como se facía, facíase: ponse o ferro nas ascuas, para que o ferro estivese brando, e así moldear co martelo a forma que el quixese. Pero non pode bater nun sitio calquera o ferro, o ferro tense que bater co martelo na zafra, ten un ventilador que lle sopra ao lume para que non se apague.
Segundo fixo moitas cousas de ferro, portais, cabeceiras de camas, cousas de ferro para a porta, os mobles, pasamáns das escaleiras...

quarta-feira, 15 de junho de 2011

O ferreiro máis impresionante

De ferreiro

O FERREIRO MÁIS IMPRESIONANTE:
Onte fumos de excursión a ver o avó de Aida, chámase Segundo. E un ferreiro, e tamén creo que é un gran manitas. Fixo cousas impresionantes:
un pasamáns, cabeceiros, espellos...
E todo con ferro! Para min iso é impresionante. E con uns debuxos... Tamén fumos ver como traballaba:
Primeiro poñia as raspas do percebe nas chamas do lume.
Despois dáballe golpes fortes co martelo.
A continuación poñía a raspa outra vez no lume, e poñíalle o selo.
Por último, poñía a raspa na auga. E xa está!
Pero aínda así, non é tan sinxelo como ti pensas. Por exemplo:
Para facer un cabeceiro (porque o das raspas era para afiar a punta), hai que facer todo o de antes, e aínda por riba dobrar facendo o mesmo que o debuxo do boceto.
Alí dentro onde facía as cousas (por certo, que alí facía moito calor), había:
  • zafra (tamén chamada engra)
  • martelo
  • lareira
  • ventilador
(E teño que engadir que tamén estábamos nós). Por certo, fumos ver a súa casa.
A última cousa da visita, foi que a profe contou ata tres e todos dixemos á vez:
-"Ata logo, Segundo, e grazas!"

quarta-feira, 1 de junho de 2011

Un mundo de nenos



Ola, somos Elaia, María e MariCarmen.O venres pasado viñeron ao colexio uns señores da tele a gravar aos alumnos de cuarto de primaria.Primeiro, tivemos que baixar a biblioteca a facer as probas para o programa.As probas eran preguntas sobre o colexio.
Alí empezaron a discutir sobre o Barça e o Real Madrid.Finalmente calmáronse.A partir desas probas foron chamando de 2 en 2 aos nenos e nenas para empezar a grabar o programa.Ali fixeronnos varias preguntas sobre deportes como as olimpiadas ;o fútbol;o tenis etc.Pasámolo moi ben aínda que non puidemos ir todos.O programa estrearase en setembro.

Excursión a LLeida



Ola, son Ana. Vouvos a contar contar todo o que fixemos nesa excursión tan guai.
Nós fumos a Vigo a buscar o tren. Estivemos xogando e sacando fotos todos xuntos.
A primeira noite no tren foi un pouco incómoda porque non fomos capaces de durmir polo ruído e polo incómodo que era o sillón. Cando chegamos quedamos asombrados polas vistas tan bonitas que había.
Os primeiros días estivemmos andando en bici, en piragüa, en quad, escalamos,tiramos con arco, nadábamos na praia...

UNHA EXCURSION AO DELTA





Ola son Patricia, na excursión pasámolo xenial, coñecemos ao nenos cos que nos carteamos.Na viaxe de tren déronos moitas cousas . Andivemos en bici, xogamos moito cos outros nenos e nenas de Lleida, Asturias e Valencia. Picáronnos moito os mosquitos pero foi moi diver!!!!

Delta do Ebro



A min gustoume ir no tren pero de noite Javi, Carlos, Manuel, Cesar, Raul, Aaron e eu solo durmimos 2 horas.Eu e Javi, Carlos, Manuel, Cesar, Aaron e Raúl as cinco da mañá estabamos a escoitar música a toda galiña .Despois collemos o autobús e no autobús íamos facendo chistes. Cando chegamos alí fixemos moitas cousas andar en bicicleta, en canoa ,piragua fomos a praia e o último día anduvemos en quad .Por último montamos no autobús e chegamos a estación e as nove collemos o tren ata Vigo e collemos o autobús ata chegar ao colexio.

Vacacións no Delta do Ebro

Ola,son Raúl nas vacacións paseino moi ben.Había comida rica e pasábase moi ben.



Ola chámome Javi o que máis me gustou do Delta foi a casa das colonias.Cando chegamos
alí foinos recoller o autobús.Cando chegamos á casa vimos moitos arrozales.Pola noite
todos durmimos moito, ao día seguinte fomos en bicicleta 12 kilómetros
ata a praia, 6 de ida e 6 de volta, despois merendamos e fomos a casa verde. ensinaronos as aves coma o flamenco a garza etc.
O Delta gustoume moito adeus a todos.



Ola chámome Sandra.Na excursión o Delta do Ebro pasámolo todos moi ben e fixemos un montón de cousas.Andivemos en bicicleta,escalamos,tiramos con arco,tamén conducimos quads.No tren non durmimos nada solo algúns, tamén fixemos xogos en equipo,nos levantaron a unha hora da noite e fomos dar unha volta,algúns quedáronse a durmir.Os profesores sacáronos moitas fotos,pero tamén nos sacaron durmindo no tren e na casa de colonias.

Excursión ó Delta

Ola, son Carlos. O outro día fun de excursión a Lleida. Fun en tren desde Vigo ata a estación de Lleida. A Vigo fun en autobús. En total foron 16h de viaxe. Alá fomos en piragua, en canoa, escalamos, fomos á praia,escalamos una montaña de cartón, fomos en barco, en bicicleta, andando...

Excursión Delta .





Ola, son Manuel.Fai dúas semanas fomos ao Delta do Ebro.Fomos en tren, o viaxe en tren gustoume porque ía vendo a paisaxe,pero...mellor ir en avión porque chegábamos antes.No tren pola noite non peguei ollo mellor dito só lle peguei 3 horas seguidas.
Que logro!No Delta fomos en barco, en bicicleta e camiñábamos 12 Kilómetros.Comemos coma reis .Non tiveron fallo ningún.Pero polos mosquitos,ufff!

Vacacións Delta do Ebro





Son Aarón Sandá Olveira e vou contar como o pasamos no Delta do Ebro.
O domingo 8 de maio en Vigo collemos un tren cara Lleida. No tren era imposible durmir.
Cando chegamos a Poble Nou estabamos todos contentos. A min o que máis me gustou
foron os quads e o que menos volcar en piragua(na foto). No tren Lleida-Vigo durmín
máis pero volvín canso á casa.

domingo, 8 de maio de 2011

Na primavera, árbores para o noso cole

Esta semana veu ao cole o equipo de xardinería do obradoiro do Concello.
Viñeron cargados de primavera!
Trouxeron unhas árbores que se chaman liquidámbar, e tamén tullas e camelias.
Explicáronnos como se facía para plantar árbores, e os coidados que precisan.
Despois, deixáronnos traballar a nós...fixémolo moi ben!
Para semellantes artistas, non podía ser menos que que viñese a tele gravarnos. Así que saímos no Canal Rías Baixas.
Por se non fose abondo, trouxéronnos cadanseu regalo: sementes de céspede e zinnia que plantamos nun cacharriño de iogur para levar para casa.
E unha litosperma para a nosa clase.
Viñan ou non cargados de primavera?

sábado, 9 de abril de 2011

Vellos oficios: cordas

Preséntovos a José, un artesán de Aguiño que botou media vida facendo cordas.
Coñecémolo o curso pasado, cando estivemos na de Mingos, vendo como é un obradoiro de dornas.
Naquela ocasión, José explicounos un pouco por riba como ía o asunto ese das cordas, pero xa non nos quedaba moito tempo, e convidounos a facerlle unha visita máis adiante.
Ese máis adiante materializouse onte. Alá fomos todo 4º aprender unha inesquecible lección sobre un deses oficios que o plástico deixou a un lado.
Dá mágoa pensar que toda esa sabedoría se perde. Sería fenomenal que esta xente tivese un lugar onde transmitir os seus coñecementos, que fan parte da nosa historia.
Como non podíamos facer outra cousa, abrimos ben os ollos. Tamén o da cámara. Aquí vos queda o documento gráfico. Un pouco chapuzas, pero...unha non é moi artista nisto do vídeo, non...que se lle vai facer.
Grazas, José!

segunda-feira, 4 de abril de 2011

Poema dominó á forma de Brossa

Na clase fixemos un poema dominó á forma de Brossa.
Joan Brossa foi un poeta catalán. Naceu en Barcelona en 1919 e morreu en 1998. Foi fundador dunha revista chamada Dau al Set.
Brossa escribiu máis de oitenta libros de poemas, con distintas formas: de dominó etc...
Nós inspirámonos nun poema do libro La piedra abierta, de onde sacamos a idea do poema dominó.
Aqui vos deixo os nosos poemas:

sábado, 2 de abril de 2011

Chegan as cartas de Lleida

Onte recibimos as cartas dos nosos amigos e amigas de Lleida. Enviáronnos tamén un libro de poesías sobre a Paz, dous xogos do tres en raia, caretas, un abecedario, fotos dos seus xogos populares, agasallos...
que ganas temos de que chegue maio para coñecelos en persoa.

segunda-feira, 21 de março de 2011

Día da Poesía

Hoxe celebramos o día da poesía. Estivemos investigando a Lois Pereiro, o escritor de Monforte de Lemos ó que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Descubrimos a súa poesía e fixemos con ela dibuxos poéticos.

quarta-feira, 9 de março de 2011

Unha de celtas

Dádesme pena, con esa cariña de: "Veña, porfi, ponnos algunha foto do día do desfile!!!"
Bueeeeeeeeeeeeeno, alá vai logo.
Unha de celtas acicalándose.

quarta-feira, 2 de março de 2011

O día da verza

Estavos gustando a semana surrealistantroida do cole?
Hoxe foi o día da verza.
E nós aproveitamos as hortalizas que trouxemos para divertirnos un pouco creando.
Non somos Arcimboldos nin Warners, pero...e o ben que o pasamos?
Queda constancia nas fotos.

sexta-feira, 25 de fevereiro de 2011

Plantación da cerdeira

Fai uns días recibimos a caixa sorpresa que nos enviaron os nosos amigos e amigas de Lleida. Dentro dela, ademáis de pósters, vídeos, folletos, libros, fotos... representativas da súa cultura, viña tamén unha árbore, en concreto unha cerdeira. Xa sabedes que en Lleida cultívanse diversos frutais, entre eles as cerdeiras. Pois alá fomos armados de sacho e caldeiro con auga, e plantamos á árbore.

AGORA TÓCANOS A TODOS COIDALA E RESPETALA.

segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

Disco de Newton

Aprendendo de cores e luz co disco de Newton:

domingo, 13 de fevereiro de 2011

De ben nacidos



É de ben nacidos ser agradecidos.
Seguro que o escoitastes máis dunha vez.
Por iso, que menos que agradecer dende esta páxina o detalle que, nestes tempos de crise, tiveron con nós os establecementos que aportaron o material para a cesta de antroido coa que, a persoa á que lle toque, poderá facer un suculento prato como o que ilustra esta entrada.
Así pois, grazas, supermercado Covirán; grazas, carnicería Manolo, e grazas froitería Raibal.
E, como non, grazas á ANPA deste cole, que sempre están aí cando fan falta, para botar unha man.

Grazas e...que aproveite!

sábado, 12 de fevereiro de 2011

Cesta de antroido

Xa están no forno as rifas da Cesta de Antroido que imos sortear para xuntar cartos para a nosa excursión ARCE-TECEREDES.
A cesta vai completa, ten desde material para facer un bo cocido ata o preciso para o amoado das filloas.
Mirade que guapas quedaron as rifas:



Para a semana empezamos a vendelas.
Apurade, non vaiades quedar sen elas!

segunda-feira, 7 de fevereiro de 2011

Un peixe cun sorriso

Alguén me mandou este precioso vídeo sobre un peixe, que dá para reflexionar sobre a liberdade e sobre a relación das persoas cos animais.
Está subtitulado en chinés, pero estou segura de que o ides entender igual...
Espero que o disfrutedes coma min.
Aquí vos queda.

quarta-feira, 2 de fevereiro de 2011

Xogos pola paz

Esta semana, como en moitos coles, celebramos o día da paz.
Celébrase oficialmente o 30 de xaneiro, por ser ese o día no que morreu asasinado Gandhi, un home hindú que predicou a non violencia.
Coa idea de mellorar un pouco as relacións entre os dous cuartos, decidimos celebralo facendo xogos cooperativos conxuntamente
Así que fomos para o ximnasio e alí xogamos á botella borracha, á cinta transportadora e ao verme. Tamén fixemos un símbolo da paz con sementes: mentres unhas persoas ían buscar as sementes e as traían aspirando cunha palliña, outras íanas pegando enriba do símbolo da paz.
Velaquí o resultado:



E, se pinchas enriba, accedes ao álbum onde están as outras fotos

sábado, 22 de janeiro de 2011

Urpi

Ata a semana pasada, para nós a palabra quechua tiña un só significado: marca dunha coñecida tenda de deportes.
Agora, despois da visita do profesor peruano Honorato, e de todo o que nos contou acerca da súa cultura e o seu país, sabemos que quechua é unha lingua fermosa que se fala dende hai moitísimos anos.
Honorato está a facer un traballo de investigación sobre o uso das linguas maternas en distintas partes do mundo. Por iso nos visitou, para comprobar en que medida en Galicia se conserva a nosa lingua nai.
Quedou encantado de ver o ben que nos expresábamos en galego.
Para rematar, cantounos unha canción en quechua. Fala da soidade dunha urpi (pomba). Queredes escoitala? Aí vos vai: