quinta-feira, 25 de março de 2010

O EXPERIMENTO CO LIXO

OLA hai tres meses plantamos lixo. A que vos parece de tontos?
Pois que va, nós queríamos facer un experimento.
No que o experimento consistía é en enterrar varias cousas, e mirar canto tempo dura cada unha. O que fixemos de primeiro foi facer as etiquetas. Despois fixemos a cova para enterrar as cousas, e despois puxemos cada etiqueta no seu lugar.


PLANTAMOS...

  • ANACO DE CORDA= APARECEU ENTEIRO
  • PAPEL= O ANACO DE PAPEL DESFÍXOSE
  • ALGAS= DESFIXERONSE
  • ANACO DE POLISPÁN= DESFÍXOSE UN POUCO
  • ANACO DE REDE= APARECEU ENTEIRO
  • ANACO DE GUANTE=APARECEU ENTEIRO

A nosa conclusión é que a terra non e capaz de desfacer todo o lixo

segunda-feira, 22 de março de 2010

Día da árbore

O pasado mércores celebrouse o Día da árbore.
O Concello convidounos a participar nun encontro que tivo lugar no parque de Corrubedo.
A iso das 10 e media, veunos buscar un autobús, que tamén recolleu despois ás nenas e nenos do cole de Carreira.
No parque vimos un documental, plantamos árbores e xogamos a un montón de cousas cunhas monitoras estupendas. Fixemos ata unha busca do tesouro!
Pasámolo pipa.
E saímos no xornal. Somos importantes!!!

quinta-feira, 11 de março de 2010

Día da muller traballadora


O 8 de marzo celebramos o Día da muller traballadora, cada clase elaborou una mesa-collage adicada as mulleres traballadoras en distintos oficios. Tamén elaboramos unha mesa común entre tódalas clases, adicada a unha poetisa. Aquí as tendes.

quarta-feira, 10 de março de 2010

O Sistema Solar



Na clase de plástica, estamos facendo o Sistema Solar: o Sol, Xúpiter, Saturno, Mercurio, Marte, Terra, Plutón, Urano, Neptuno, Venus.
Para facelos, primeiro cubrímolos de papel de xormal e pegámolo con cola.E deixámolos secar.
Despois pintámolos de moitas cores. E tamén os deixamos secar.
Cando rematemos, colgarémolos do teito.

quinta-feira, 4 de março de 2010

O Tangram

Continuamos construíndo xogos e xoguetes con materias reciclados. Desta vez fixemos o Tangram, o famoso xogo chino que estimula a creatividade. En chino recibe o nome de táboa da sabiduría ou táboa dos sete elementos. Nós fixémolo con cartón e pinturas e pasamos un bo rato contruíndo figuras.

sexta-feira, 26 de fevereiro de 2010

Os muíños de río

Estivemos traballando unha poesía que falaba dun río que facía mover un muíño. Non tiñamos moi claro como funcionan os muíños de río, así que investigamos un pouco e encontramos un vídeo, que aínda que está cheo de faltas de ortografía, é moi interesante, velaquí o tedes, son unhas verdadeiras xoias!

segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010

As Mouras de 3ºB

Aquí están as fotos do Entroido dos nenos e nenas de 3ºB. Non era sen tempo, verdade? Que guapos!