sexta-feira, 9 de outubro de 2009

Ola!




Ola!
Este blog é o recuncho na rede do alumnado de terceiro do CEIP de Aguiño.
Pretende ser lugar de encontro entre a escola e as familias, ferramenta de aprendizaxe e comunicación para o alumnado, lugar de creación e encontro.
A ave que vedes na imaxe, e que dá nome ao blog, é a píllara papuda. Un animal que en Galicia vese en perigo de extinción, por culpa da alteración do seu hábitat.
Nós, que non queremos que desapareza (na variedade está o gusto!) fixémoslle sitio aquí, no noso recuncho, para que nos faga compañía.
E para recordarvos -e recordarmos- a importancia da nosa actitude cara o medio ambiente, de cara a conservar esa inmensa riqueza que supón a diversidade.

2 comentários:

  1. OLA UN SAUDIÑO DENDE A ANPA .QUEREMOS VER OS VOSOS TRABALLOS .SEGUIMOSVOS A PISTA .

    ResponderExcluir
  2. Gracias polo voso comentario. Xa me enterei de que non podíades poñer comentarios anónimos.
    Xa está solucionado!!!
    Pero poñede o voso nome, que á píllara gústalle saber quen fala!

    ResponderExcluir