sábado, 13 de fevereiro de 2010

Mouras

O Antroido deste ano ía de seres mitolóxicos galegos relacionados coa auga.
A nós gustáronnos as mouras. Tan guapas elas, tan acuáticas elas, tan brancas, tan presumidas, tan enigmáticas.
Os nenos, de entrada, mosquéaronse un pouco...por que de mouras e non de mouros?
Pero falámolo: igual que podemos ir de coellos sendo persoas, tamén podemos ir de feminino ou masculino sendo do sexo contrario...E nunca está de máis poñerse no pelexo dunha muller!
Ao final, disfrutaron un montón de poñer peluca e usar pintalabios!
Fixemos unhas caixas preciosas para gardar os nosos tesouros. Decidimos interpretar a palabra "tesouro" no seu máis amplo sentido. Así que gardamos dentro cousas que para nós podían ser "tesouros": cunchas bonitas, pedras chulas, as chapas que usamos para xogar, un debuxo que nos regalou unha amiga, a foto dunha persoa á que queremos moito...
Aquí vos quedan as fotos de como nos disfrazamos.



As do desfile virán outro día, que eu non levaba cámara.
Pasádeo ben estes días!!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário