sábado, 8 de maio de 2010

Visita a Porto do Son

O mércores estivemos visitando Porto do Son. Os nenos e nenas do Ceip Santa Irene, recibíronnos na sua fermosa vila e fixeron de guías para amosárnola.
A visita comenzou na Praza de España, na que hai un fermoso peto de ánimas, seguimos cara o Centro de Interpretación do Castro de Baroña, donde aprendemos moitas cousas sobre o mesmo. Continuamos percorrendo rúas, pasando polo Concello, ata a Casa da Cultura, donde visitamos a biblioteca e vimos un vídeo sobre o Concello de Porto do Son. Despois subimos cara a Capela da Atalaia, alí no estupendo mirador, puidemos ver uns golfiños que saían da ría cara mar aberto. Despois, baixamos polo paseo marítimo, onde vimos unha estatua adicada os voluntarios do Prestige, ata o porto. Alí, nos xardíns, merendamos e despedímonos dos nosos amigos e amigas do Ceip Santa Irene.
Nós, continuamos viaxe cara o Castro de Baroña, alí quedamos asombrados coa fermosa paisaxe.
Agora estamos impacientes, agardando a que chegue o vindeiro luns, para ensinarlle os nenos e nenas do Son a nosa fermosa vila, Aguiño.

Nenhum comentário:

Postar um comentário