sexta-feira, 18 de junho de 2010

Isto acábase...



Isto vaise acabando.
Hoxe, para celebralo, os terceiros collemos as mochilas, as viseras e o bo humor e puxémonos en marcha cara Couso.
Botamos alí a mañá, nunha agradable xornada. Fixemos un pouco de todo, como podedes ver polas fotos: saltar á corda, xogar ás escondidas, cambiar cromos, botar un partido de fútbol, facer creacións coas cousas que nos ofrece a natureza...e, por suposto, tomar unha boa merendola!
O profe Rubén e a profe Nela leváronnos larpeiradas e caramelos, que fixeron a mañá aínda máis doce.
Tamén vimos un esquío. Pero ese non quixo saír na foto...

Nenhum comentário:

Postar um comentário