O vindeiro mércores imos de excursión a Porto do Son.
Convídannos os de 3º do cole de alí, vannos ensinar o seu pobo levándonos a tódolos sitios que lles parecen dignos de ver del.
Logo, nós faremos o mesmo. O luns que ven, día 10, virán eles aquí e ímoslles ensinar todas as cousas interesantes que hai en Aguiño.
Para recibilos, preparamos varias cousas: unha charla, un
folleto turístico, e esa presentación que vedes aí arriba.
Gústavos?