quinta-feira, 30 de setembro de 2010

Benvidos ao novo curso!


Empezamos un novo curso, atrás quedou a píllara de terceiro, chegou a píllara de cuarto.
Poñeremos novas fotos, faremos novas excursións e poñeremos novos videos. As vacacións foron moi longas, espero que sexa o curso máis fantástico.


Gustaríanos moito que o veñades visitar todo o que poidades. Nós esperamos que vos guste moito. Xa verás, non sei de que nos preocupamos... ¡se vos vai encantar!

sexta-feira, 18 de junho de 2010

Isto acábase...



Isto vaise acabando.
Hoxe, para celebralo, os terceiros collemos as mochilas, as viseras e o bo humor e puxémonos en marcha cara Couso.
Botamos alí a mañá, nunha agradable xornada. Fixemos un pouco de todo, como podedes ver polas fotos: saltar á corda, xogar ás escondidas, cambiar cromos, botar un partido de fútbol, facer creacións coas cousas que nos ofrece a natureza...e, por suposto, tomar unha boa merendola!
O profe Rubén e a profe Nela leváronnos larpeiradas e caramelos, que fixeron a mañá aínda máis doce.
Tamén vimos un esquío. Pero ese non quixo saír na foto...

quinta-feira, 17 de junho de 2010

VACACIÓNS



OLA, SON JAVI, NESTE CURSO APRENDÍN MOITAS COUSAS: ESTUDIAR,FACER OS DEBERES E XOGAR.
TAMÉN FoMOS DE EXCURSIÓN E PASEINO MOI BEN.CHAO.

A despedida do curso de 3ºB



Ola, son María,o que máis me gustou de terceiro foi o noso profe e as excursións que nos fixo:a excursión a Santiago de Compostela, a excursión a Porto do Son, a excursión a Corrubedo ... Tamén me gustou facer arte ambiental e facer tantas cousas de plástica. Pero sobre todo gustoume que nos deixara ir a informática a xogar. No verán vou a facer a comunión, en Aguiño, e despois vou a ir a praia, vou montar a piscina e vou a ir a comer a casa da miña tía. Bo verán.

Fin de curso



Hola son Esteban e este curso paseino moi ben.Gustoume moito este colexio. A exscursión que máis me gustou foi a excursion dos Castros de Baroña. Felices vacacións.

Despedida 3º B



Ola, son MariCarmen. Van a dar as vacacións e quero despedirme. O que máis me gustou foi a hora de informática, as excursións, o que fixemos en plástica, as visitas dos nenos e nenas de Porto do Son... Neste curso fixemos cousas divertidas e interesantes. Foi o mellor curso da miña vida. No verán penso ir de viaxe, farei a comunión, estudarei e xogarei.

Desspedida de 3ºb

Ola son Elaia, o que máis me gustou do cole foi ir a Santiago de Compostela.Agora no
verán vou ir a multideporte, a patinaxe e a praia .Tamén irei a Coruña a visitar os
meus tíos, despois meu pai levarame no barco para a casa e ensinarame o barco.