Esta semana celebramos no cole o Samaín, estamos a facer unha cabazas moi chulas, poñeremos as fotos dentro de nada, pero mentres estamos a investigar e busca buscando atopamos un traballo moi interesante que fixeron os nenos do instituto Porto do Son.
quarta-feira, 27 de outubro de 2010
quinta-feira, 30 de setembro de 2010
Benvidos ao novo curso!

Empezamos un novo curso, atrás quedou a píllara de terceiro, chegou a píllara de cuarto.
Poñeremos novas fotos, faremos novas excursións e poñeremos novos videos. As vacacións foron moi longas, espero que sexa o curso máis fantástico.
Gustaríanos moito que o veñades visitar todo o que poidades. Nós esperamos que vos guste moito. Xa verás, non sei de que nos preocupamos... ¡se vos vai encantar!
sexta-feira, 18 de junho de 2010
Isto acábase...
Isto vaise acabando.
Hoxe, para celebralo, os terceiros collemos as mochilas, as viseras e o bo humor e puxémonos en marcha cara Couso.
Botamos alí a mañá, nunha agradable xornada. Fixemos un pouco de todo, como podedes ver polas fotos: saltar á corda, xogar ás escondidas, cambiar cromos, botar un partido de fútbol, facer creacións coas cousas que nos ofrece a natureza...e, por suposto, tomar unha boa merendola!
O profe Rubén e a profe Nela leváronnos larpeiradas e caramelos, que fixeron a mañá aínda máis doce.
Tamén vimos un esquío. Pero ese non quixo saír na foto...
quinta-feira, 17 de junho de 2010
VACACIÓNS
A despedida do curso de 3ºB
Ola, son María,o que máis me gustou de terceiro foi o noso profe e as excursións que nos fixo:a excursión a Santiago de Compostela, a excursión a Porto do Son, a excursión a Corrubedo ... Tamén me gustou facer arte ambiental e facer tantas cousas de plástica. Pero sobre todo gustoume que nos deixara ir a informática a xogar. No verán vou a facer a comunión, en Aguiño, e despois vou a ir a praia, vou montar a piscina e vou a ir a comer a casa da miña tía. Bo verán.
Fin de curso
Despedida 3º B
Ola, son MariCarmen. Van a dar as vacacións e quero despedirme. O que máis me gustou foi a hora de informática, as excursións, o que fixemos en plástica, as visitas dos nenos e nenas de Porto do Son... Neste curso fixemos cousas divertidas e interesantes. Foi o mellor curso da miña vida. No verán penso ir de viaxe, farei a comunión, estudarei e xogarei.
Assinar:
Postagens (Atom)