sábado, 7 de novembro de 2009

Chegou o Magosto


O pasado venres celebramos o Magosto no cole. Comemos castañas asadas, que boas estaban! As nais da AMPA do colexio agasalláronnos cun refresco e rematamos bailando e cantando o son do acordeón do profe Telmo. Foi unha magoa que choveu e non puidemos participar en xogos populares, pero outro ano será.
O Magosto é unha festa tradicional galega, para destacar a importancia que tivo a castaña na vida dos galegos fai anos atrás. Este froito comezouse a utilizar dende o paleolítico e coa chegada dos romanos, estendeuse o seu cultivo e converteuse na base da alimentación da poboación, pero no século XVI coa chegada da pataca e o millo dende américa, as castañas perderon o seu protagonismo na alimentación.

Um comentário:

  1. non sei por aquí
    por barizo, ao lado de malpica, chámanlle castañas ás patacas, e castañas de ourizo ás castañas
    preciosas as fotos!

    ResponderExcluir