A ópera "A Cincenta", da que hoxe disfrutou o alumnado do segundo ciclo do noso cole, é unha adaptación da ópera orixinal A Cenerentola de Gioachino Rossini. Nesta ocasión foi dirixida por Joan Font (director de "Comediants") levando a cabo unha versión sinxela e divertida, de xeito que poida ser comprensible para estas idades.
Esta función enmárcase dentro do ciclo de concertos didácticos do Auditorio de Galicia.
A ópera diferénciase nalgúns aspectos do conto de Perrault.
Así, por exemplo, Rossini elimina os elementos máxicos -aínda que temos un ratiño que fai de narrador-, e potencia as virtudes e defectos da condición humana; Cincenta non ten que marchar do baile ás doce da noite; e a madrastra é substituída neste caso por Don Magnífico, personaxe que permite a Rossini reflectir a ambición e cobiza humanas.
A obra gustou, e entendeuse bastante ben, así que, como primeira aproximación ao mundo da ópera, foi un éxito.
Como chegamos a Compostela un pouco antes do comezo, aproveitamos para dar un paseíño, e ver un pouco Santiago e os artistas que poboan as súas rúas: un gaiteiro, un músico que tocaba un estraño instrumento australiano chamado didgeridu, un pintor...todo chamaba a nosa atención.
Se pinchades na foto da ópera, accederedes ao álbum no que recollemos as imaxes que dan conta do noso paseo.
HOLA RAPACES,VAIA TRAXES MAIS ESPECTACULARES LEVABAN OS ACTORES DA OPERA ,NON VOS PARECE,A MIN PARECENME CHULISIMOS
ResponderExcluirOla son Ana encantoume a excursión e o paseo por Santiago. E sobre todo a ópera.
ResponderExcluirOla son Chefi.
ResponderExcluirencantoume a ópera, o pintor,o instrumento, e todas as torres que vimos.
Si tiramos moitos plasticos a o mar morren
ResponderExcluirmoitos peixes.
ola son lara mencantou a ópera eo paseo por santiago e o pintor que pintou a porta da tras da catedral.
ResponderExcluirQue chuli¡
ResponderExcluir