O venres 23 de abril, celebramos no cole o Día do Libro. Celébrase nesta data pola coincidencia do pasamento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Para esta conmemoración tan sinalada,estivemos a facer un motón de cousas. Comezamos elaborando un conto sobre a vida de María Balteira e despois contámosllo os nenos e nenas de infantil, uns con máis arte que outros, pero aplaudíronnos moito a todos.
Despois estivemos a elaborar marcapáxinas e rematamos cun mural colectivo coas respostas que demos a unha pregunta moi interesante e que deu lugar a unha moi boa reflexión:
E tí, para que les? Os nenos e nenas respostaron:
- Para disfrutar.
- Para enterarme do que pon no periódico.
- Porque me axuda a aprobar os exames.
- Para saber moitas cousas.
- Porque me gusta.
- Para non ter faltas de ortografía.
- Para ter máis imaxinación.
E tí, porque non les?
ohhhhhhhhhhhhhhh que chulos estan eses debuxos
ResponderExcluir