quinta-feira, 15 de abril de 2010

Día Internacional do Libro Infantil

Esta semana estivemos de celebración no cole, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil. O luns, uns nenos de 6º leron o manifesto pola lectura do escritor Eliacer Cansino, e despois os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo apadriñaron e amadriñaron a nenos e nenas de infantil e de 1º ciclo, fixemos pequenos grupos e contáronlle un conto. Foi un experiencia moi divertida para todos.

O mércores tivemos unha sesión de contacontos, na que tamén puidemos disfrutar dun pequeno espectáculo de títeres.

Nenhum comentário:

Postar um comentário