Onte celebramos o magosto no cole. Para darlle un pouco de ambiente á cousa, disfrazámonos de apañacastañas. Puxemos un mandil vello, botas, pano na cabeza...e a apañar castañas!
Como non topamos ningún castiñeiro por aquí cerca, fomos cos nosos cartuchos a ver se "apañábamos" algunha no carriño de Guillermina, a castañeira. Que é a nai de Adelia, xa o sabedes, non?
Como vos vexo cara de querer ver as fotos, vou ser boa e vóuvolas deixar aquí, veña.
Que ben o pasades os nenos agora no cole!
ResponderExcluirola! Sabiades que Guillermina tamén é a nai dunha nena de 3 anos? Visitade o noso blogue
ResponderExcluirhttp://pateirosdocarreiro.blogspot.com/ e tratade de adivinar quen é. (Adelia non lles deas pistas!!!)