domingo, 28 de novembro de 2010

Teatro en Vilagarcía

O luns da semana pasada fomos a Vilagarcía. Fomos ao teatro.
A obra, que se chamaba "Cara o campo das estrelas", era acerca do camiño de Santiago. Foi moi divertida. Á saída, regaláronnos o libro "A contar estrelas no camiño". Como veredes nas fotos, algunhas non puideron esperar a chegar a casa para empezar a lelo...
Despois do teatro fomos ver unha exposición de pintura que había no propio auditorio.
O tempo acompañounos, e puidemos xogar un anaco no parque que está alí ao lado.
Aquí vos deixo, como sempre, as fotos:

Um comentário:

  1. Foi moi divertida a excursión e o teatro nas fotos saímos moi guapos.

    ResponderExcluir