domingo, 28 de novembro de 2010

Teatro en Vilagarcía

O luns da semana pasada fomos a Vilagarcía. Fomos ao teatro.
A obra, que se chamaba "Cara o campo das estrelas", era acerca do camiño de Santiago. Foi moi divertida. Á saída, regaláronnos o libro "A contar estrelas no camiño". Como veredes nas fotos, algunhas non puideron esperar a chegar a casa para empezar a lelo...
Despois do teatro fomos ver unha exposición de pintura que había no propio auditorio.
O tempo acompañounos, e puidemos xogar un anaco no parque que está alí ao lado.
Aquí vos deixo, como sempre, as fotos:

segunda-feira, 15 de novembro de 2010

Ilustración para o calendario

O tempo pasa de contado, mira onde estamos xa...a finais de novembro!
Toca preparar calendario novo. Nesta ocasión, a fonte de inspiración será o verso de Camoes "...onde acaba a terra e o mar começa", verso arredor do que xira o proxecto de innovación no presente curso.
Hai uns días, puxémonos mans á obra e empezamos a recompilar materiais relacionados co mar e coa terra, para facer a nosa ilustración.
Hoxe démoslle forma a todo iso.
Saíunos isto:

sábado, 13 de novembro de 2010

Apañacastañas

Onte celebramos o magosto no cole. Para darlle un pouco de ambiente á cousa, disfrazámonos de apañacastañas. Puxemos un mandil vello, botas, pano na cabeza...e a apañar castañas!
Como non topamos ningún castiñeiro por aquí cerca, fomos cos nosos cartuchos a ver se "apañábamos" algunha no carriño de Guillermina, a castañeira. Que é a nai de Adelia, xa o sabedes, non?
Como vos vexo cara de querer ver as fotos, vou ser boa e vóuvolas deixar aquí, veña.

quarta-feira, 3 de novembro de 2010

¡SUPER ZORRO!

Ola,somos:MANUEL, JAVI, CARLOS e AARÓN,dámosvos a benvida a este comentario
de Superzorro. Superzorro é a historia duns granxeiros que queren matar a un raposo que come ós animais das granxas de Buñuelo, Benito e Bufón. O raposo fai un
túnel baixo a terra e come os animais ás agachadas e bébelle a sidra a Benito. Gustounos moito esta historia. Mirade os debuxos que fixemos do libro de Superzorro.

O Samaìn do CEIP Aguiño

Ola somos Sandra, Patricia, Ana e Elaia. Queremos mostrarvos o noso Samaín. Houbo moitas cabazas, había de todo tipo: de gatos, morcegos... eran grandísimas e algunhas tamén eran pequenas. Algunhas non daban medo, despois acenderon as candeas e as que tiñan purpurina brillaban moitísimo!!!

A NOSA PIÑA LECTORA


Ola somos María,Raúl e Maricarmen. O ano pasado tiñamos un vermiño lector, este ano temos unha piña lectora. Cando rematamos de ler un libro, facemos un resume do conto. Recortámolo en forma de círculo, coloreámolo e pegámolo na nosa piña. Podemos coloreala de verde ou de violeta, aínda que outros píntana doutras moitos cores.

Aparello excretor

Ola, este é o traballo do aparello excretor. Está feito por Julio, Alex, Ana levounos moitos dias pero ao final foi fácil facelo.Ten 7 diapositivas, ten fondos moi chulos para o noso gusto. As palabras entran algunhas pola dereita e outras pola esquerda, e o título polo medio.
Aquí volo deixo para que o vexades:

O aparello dixestivo

Somos da clase de cuarto a, somos Aida e Lara e estamos facendo un pps do aparello dixestivo. No aparello dixestivo estamos aprendendo as partes, e hai a boca, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso, as glándulas salivares... Custounos moito facelo, aquí volo deixamos para que o vexades.